lunes, 8 de septiembre de 2008

As Cherrys no III Festival de Cabaré Galego

O luns 1 de setembro tivo lugar no Fórum Metropolitano da Coruña a presentación ante a prensa da programación completa do III Festival Galego de Cabaré que se celebrará na cidade herculina do 22 ao 28 de setembro de 2008. Pasarrúas, performances, obradoiros, exposicións e expectáculos, tanto no Fórum Metropolitano coma no Teatro Rosalía de Castro formarán a programación deste evento que se está a convertir nunha constante dentro da vida cultural en Galiza.
Participaron do acto, que se celebrou con voces en directo e a modo de espectáculo Maria Xosé Bravo, concelleira de cultura do Excmo Concello da Coruña, Nelson Quinteiro, director da mostra, e as actrices e cantantes Carla de Figueredo, Lilí dos Toxos e Cecilia Campos. Podedes ter máis información visitanto a web www.myspace.com/cabare3
As actrices Yolanda Paz e Sue Moreno da compañía Almacabra Teatro-Circo participan na nova produción da compañía Femme Fatale "Varadas" de Nelson Quinteiro, ademais de levar a escea o xa coñecido e moi loado "Black Cherry Burlesque".
Tamén poderemos deleitarnos coas súas belezas e talentos na gala que terá lugar no Teatro Rosalía o dia 27 de setembro, con novos e espectaculares números creados para a ocasión.
Dende Almacabra, desexámoslles moita merda e agardamos atoparvos a tod@s por aló!
III Festival Galego de Cabaré: info@cabare3.org
Tlf.: 666014494

Imaxe da presentación do Festival no Forum.